Novo día de subida dos casos activos ata os 280, 20 máis que onte

Novo día de subida dos casos activos ata os 280, 20 máis que onte
Novo día de subida dos casos activos ata os 280, 20 máis que onte


Un total de 11.272 pacientes xa están curados


A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 280, deles 87 son da área da Coruña (+11), 80 da de Lugo (=), 15 da de Ourense (+2), 25 da de Pontevedra (+2), 48 da área de Vigo (-1), 23 da de Santiago (=), e 2 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 12 en unidades de hospitalización e 267 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.272 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 250.012.

Comentarios