Publicadas as listaxes provisionais de beneficiarios/as das axudas para a mellora e innovación da restauración e da hospedaxe de Compostela

O Departamento de Promoción Eocnómica vén de publicar as listaxes provisionais de persoas beneficiarias da Convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e da hospedaxe compostelás, no marco do Plan de Reactivación do Sector Turístico.

As persoas incluídas na listaxe de posibles beneficiarias cuxas solicitudes presenten defectos deberán emendar o indicado en cada caso dentro dos mesmos dez días de prazo para presentar a documentación anterior, que, así mesmo, deben achegar. De non o facer, entenderase desisten do seu pedimento e ditarase unha resolución neste sentido nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

Se á vista da análise da documentación aportada algún dos datos achegados no momento da solicitude inicial resultara non ser certo, na resolución definitica poderá alterarse a puntuación inicialmente asignada nesta listaxe provisional.

Ao publicarse esta listaxe con data 31 de xullo de 2020, o prazo de dez días hábiles iniciarase o día 3 de agosto de 2020 e rematará o día 14 de agosto de 2020. 

Comentarios