Refresca o tempo en Compostela

Refresca o tempo en Compostela
Refresca o tempo en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 25 graos

O sábado Galicia quedará novamente baixo a influencia anticiclónica, aínda así co paso dunha fronte pouco activa pola mañá no norte das provincias da Coruña e de Lugo. Polo tanto, teremos un día de ceos parcialmente anubrados con precipitacións febles no terzo norte nas primeiras horas, quedando os ceos pouco anubrados ou despexados no resto do territorio co avance da xornada. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso pola tarde nas Rías Baixas.

En Compostela, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións o luns pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado.





Comentarios