'Parolas de verán’ cun obradoiro de pintado de camisetas e outro de elaboración de pizzas

'Parolas de verán’ cun obradoiro de pintado de camisetas e outro de elaboración de pizzas
'Parolas de verán’ cun obradoiro de pintado de camisetas e outro de elaboración de pizzas

As Parolas de verán continúan o seu percorrido polas parroquias de O Pino tamén no mes de agosto, con dúas actividades para que a cativada amose as súas dotes como artistas e cociñeiros.

Este xoves, día 6, na escola de Lardeiros os asistentes sacarán a súa vea de artista para decorar camisetas (pódenas levar da casa) sexan brancas ou de cores. O único requisito e que se lles poida pasar o ferro (planchar) para que o estampado dure máis tempo.

Nesta ocasión utilizarase a técnica de plastidecor para decorar as prendas cos debuxos e motivos que máis lle guste a cada un dos participantes.

Esta actividade desenvolverase na escola de Lardeiros a partir das 11.30 horas do xoves.

Recoméndase a todas as persoas interesadas que se anoten previamente no enderezo electrónico cultura@opino.gal ou no teléfono 981 511 065 antes de mañá, martes, ás 14.00 horas. Así, dende a organización, poderán contar con material suficiente para todos os participantes.

Despois de percorrer varias parroquias de O Pino, as Parolas de verán, rematarán o 20 de agosto na parroquia de Ferreiros. No teleclub de Boavista (o local social da parroquia), tamén a partir das 11.30 horas, impartirase un obradoiro de elaboración de pizzas, para que a cativada aprenda a preparar este prato que tanto lles gusta aos nenos e nenas.

Unha vez preparadas as pizzas, cada un dos asistentes poderá decidir se acaba de facelas no local social ou prefire cocelas na casa para xantar.

Dende a Concellaría de Cultura pídeselles ás familias interesadas que se anoten antes do martes 18 de agosto.

Comentarios