Cambios nas rutas de bus que circulan pola avenida de Lugo

Cambios nas rutas de bus que circulan pola avenida de Lugo
Cambios nas rutas de bus que circulan pola avenida de Lugo

Afecta á pareda 93 e as liñas 13, C2 e C11

Con motivo das obras que teñen lugar na avenida de Lugo, a parada 93 (avenida de Lugo nº 263) realizarase noutra localización a partir das 8:00 h deste xoves 6 de agosto e durante unhas dúas semanas.

Afecta ás liñas 13, C2 e C11, con sentido cara o centro da cidade (liñas C2 e C11) ou Quiroga Palacios (no caso da liña 13) .

Ao estar cortado ao tráfico o carril de servizo de baixada da avenida de Lugo, as liñas realizarán como alternativa a parada 535 (avenida de Rodríguez de Viguri, rotonda de Concheiros), situada xusto antes da antiga rotonda no cruce con Concheiros

Comentarios