O incendio de Bugallido queimou 21hectáreas

O incendio de Bugallido queimou 21hectáreas
O incendio de Bugallido queimou 21hectáreas

O incendio declarado este martes na zona de Mourigade e Buceleiras, na parroquia amesá de Bugallido, e chegou até o lugar de Tarrio onde o muro dunha parcela e os corta lumes armados polas brigadas de extinción lograron frealo queimou 21 hectáreas


O incendio declarábase sobre as 19:00 horas ao carón do lugar de As Buceleiras. Foi preciso cortar varias estradas locais: a de Guimaráns ás Buceleiras,  a DP-0205 a Tarrío e a paralela ao cruce da que vai a Biduído de Arriba.

Na extinción participaron 22 brigadas de bombeiros forestais, O Ges de Brión, efectivos da Policía Local de Ames, 10 voluntarios de Protección Civil, Policía Autonómica, Garda Civil e persoal de Urbaser. Ademais contouse con dous hidroavións, dúas avionetas, seis helicópteros e once motobombas dos servicios de extinción da Xunta.

O lume propagouse desde Buceleiras até Tarrio onde os cortalumes e o muro dunha parcela evitaron que seguise avanzando. Sobre as 12:00 da noite deuse por controlado o perigo de que puidese afectar ás vivendas, porén o incendio aínda permaneceu activo. Esta mañá, Medio Rural confirmou a súa extinción, así como a superficie queimada. As lapas arrasaron 21,5 hectáreas de monte, 18 delas de arborado e as 3,5 restantes de monte raso.

Previo a este lume, declararase outro lume en Caroubáns, ao carón da estrada a Negreira, que foi collido a tempo. Emporiso causou danos na liña telefónica e deixou sen cobertura a centos de veciños e veciñas.


Comentarios
Lo más