Compostela chegará aos 35 graos

Compostela chegará aos 35 graos
Compostela chegará aos 35 graos

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 35 graos

Non se agardan cambios significativos para o xoves, con Galicia na influencia das altas presións e entrada de aire cálido. Así, o ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, con brétemas costeiras no litoral e formación de nubes de evolución no interior que poderán deixar algún chuvasco de carácter tormentoso nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas ascenderán lixeiramente acadando as máximas valores moi elevados en puntos do interior. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados.En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que descenderán lixeiramente.

Comentarios
Lo más