Novo día de subida dos casos activos ata os 412, 6 máis que onte

Novo día de subida dos casos activos ata os 412, 6 máis que onte
Novo día de subida dos casos activos ata os 412, 6 máis que onte

Un total de 11.369 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 412, deles 156 son da área da Coruña (-5), 73 da de Lugo (-1), 32 da de Ourense (+3), 41 da de Pontevedra (+6), 75 da área de Vigo (+1), 30 da de Santiago (+2), e 5 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 17 en unidades de hospitalización e 393 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.369 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 258.978.

Comentarios