Propoñen unha campaña de sensibilización para a xente que vai ao parque das Cancelas con bolsas de comida rápida

Propoñen unha campaña de sensibilización para a xente que vai ao parque das Cancelas con bolsas de comida rápida
Propoñen unha campaña de sensibilización para a xente que vai ao parque das Cancelas con bolsas de comida rápida

É necesario instalar colectores con tapa automática para que as gaivotas non espallen os envases e se favoreza a limpeza e o coidado neste barrio 

O grupo municipal do BNG trasládalle ao Goberno local a necesidade de facer unha campaña de sensibilización nas Cancelas destinada ás persoas que compran comida rápida nas inmediacións e van a este parque para que depositen os envases en colectores de lixo con tapa.

A veciñanza do barrio das Cancelas sofre cada semana a aparición de restos de envoltorios de comida rápida dun restaurante da zona espallados polo parque. Caixas, bolsas, vasos e cubertos de un só uso, de plástico e cartón, xunto con sobres de ketchup e mostaza e outros restos de comida teñen que ser retirados con frecuencia polo servizo de recollida de lixo da zona axardinada.

Isto acontece porque unha numerosa poboación de gaivotas e de corvos collen as bolsas que a xente deposita en papeleiras e logo as abren para extraer os restos de alimentos que alí atopan, co que o vento e outros animais contribúen despois a espallar os residuos.

Deste xeito, o BNG propón revisar o modelo de colectores de lixo e papeleiras nas Cancelas, cun sistema de tapa automática, para evitar que os animais poidan extraer as bolsas, ademais de incrementar a súa capacidade co fin de que non queden depositadas nos arredores por falta de espazo no seu interior. Isto debe ir acompañado dunha campaña de sensibilización e de advertencia destinada ás persoas que van a este parque a comer para favorecer a limpeza e o coidado deste barrio das Cancelas.

Comentarios
Lo más