Leilía actúa o sábado 8 de agosto no parque do Ameneiral

Leilía actúa o sábado 8 de agosto no parque do Ameneiral
Leilía actúa o sábado 8 de agosto no parque do Ameneiral

O parque do Ameneiral acolle o sábado 8 de agosto, a partir das 22:30 a actuación do grupo  “Leilia”.

31 anos levan sobre os escenarios Ana, Patri, Merchi, Montse, Felisa y Rosario. Naceron como Leilía no ano 1989 e desde entón a súa carreira é abondosa en éxitos e recoñecemento. Foron das primeiras en lanzarse a a percorrer as aldeas de Galicia recopilando cancións tradicionais e tamén das primeiras en dar concertos en en bares e pubs.


O seu primeiro disco, que leva o nome do grupo, recolle o froito dese traballo e ese compromiso coa música tradicional galega. Nos discos posteriores -”I é verdade, i é mentira”, “Madama”, “Son de Leilía” e “Consentimento”- mesturan esa inspiración inicial con sons máis modernos, temáticas actuais e arranxos musicais máis elaborados.

As Leilía teñen colaborado con artistas da talla de Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Emilio cao, Os Diplomáticos de Monte alto, Guadi Galego, Milladoiro, Pilocha e Budiño. Entres os seus premios atópanse o “Cornamusa” do Festival Atlántica, o “Gallego del año”, o “Rebulir de Cultura Galega” ou o “Hent Sant Jaquez” que o  European Forum Woldwide Music Festivals outorga ao mellor espectáculo europeo do ano.

No ano 2019 crean o espectáculo “CantarElas”, no que inclúen temas emblemáticos da súa discografía con outros menos coñecidos que representan a evolución sonora do grupo e a súa experiencia de tres décadas sobre o palco.   


Comentarios