Continúa o sol e as boas temperaturas en Compostela

Continúa o sol e as boas temperaturas en Compostela
Continúa o sol e as boas temperaturas en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 17 e os 31 graos

O venres Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas sobre Azores e unha baixa relativa sobre o sur peninsular. Polo tanto, os ceos estarán despexados en xeral con máis nubes no litoral norte e algunhas brétemas no litoral. Pola tarde medrarán nubes de evolución que poderán deixar algún chuvasco de tipo tormentoso nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentras que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso entre o norte de Rías Baixas e Costa da Morte pola tarde.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso notable.

Comentarios
Lo más