Novo día de subida dos casos activos ata os 444, 32 máis que onte

Novo día de subida dos casos activos ata os 444, 32 máis que onte
Novo día de subida dos casos activos ata os 444, 32 máis que onte

Un total de 11.381 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 444, deles 177 son da área da Coruña (+21), 72 da de Lugo (-1), 34 da de Ourense (+2), 43 da de Pontevedra (+2), 78 da área de Vigo (+3), 35 da de Santiago (+5), e 5 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 21 en unidades de hospitalización e 421 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.381 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 260.785.

Comentarios