Novo día de subida dos casos activos ata os 533, 89 máis que onte

Novo día de subida dos casos activos ata os 533, 89 máis que onte
Novo día de subida dos casos activos ata os 533, 89 máis que onte

Un total de 11.403 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 533, deles 246 son da área da Coruña (+69), 79 da de Lugo (+7), 37 da de Ourense (+3), 44 da de Pontevedra (+1), 81 da área de Vigo (+3), 40 da de Santiago (+5), e 6 da de Ferrol (+1).

Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 505 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.403 persoas curadas, rexistrándose 620 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 262.510.

Comentarios