Domingo ao sol en Compostela

Domingo ao sol en Compostela
Domingo ao sol en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 18 e os 30 graos

O domingo poucos cambios significativos a nivel atmosférico sobre Galicia. Así, os ceos alternarán nubes e claros, con nubes máis compactas no terzo norte e brétemas no litoral Atlántico. Pola tarde medrarán nubes de evolución nas zonas de montaña do leste do territorio, sen descartar algún chuvasco de tipo treboento. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos, con lixeiros descensos na metade sur. O vento soprará de compoñente norte frouxo con intervalos moderados ao norte das Rías Baixas.

En Compostela, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que descenderán moderadamente.



Comentarios
Lo más