Novo día de subida dos casos activos ata os 591, 38 máis que onte

Novo día de subida dos casos activos ata os 591, 38 máis que onte
Novo día de subida dos casos activos ata os 591, 38 máis que onte

Un total de 11.428 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 591, deles 302 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, 41 da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 83 da área de Vigo, 41 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 23 en unidades de hospitalización e 566 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.428 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos. O último foi o dunha muller de 83 anos que estaba ingresada no hospital da Mariña. Tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 264.202.

Comentarios
Lo más