A semana comeza en Compostela con baixada de temperaturas

A semana comeza en Compostela con baixada de temperaturas
A semana comeza en Compostela con baixada de temperaturas

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 18 e os 25 graos

O luns Galicia continuará con influencia das altas presións e con circulación do norte que arrastra algo máis de humidade. Deste xeito, a xornada comezará cos ceos moi nubrados e algunhas chuvias febles no norte de Lugo e A Coruña; a medida que avance a xornada estas nubes iranse retirando progresivamente. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, agás nas Rías Baixas onde as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

En Compostela, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións o mércores pola tarde. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso notable, a pesar de que oscilarán.



Comentarios