Nubes como preludio da chuvia

Nubes como preludio da chuvia
Nubes como preludio da chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 18 e os 27 graos

O martes quedaremos nunha situación intermedia entre o anticiclón centrado en Azores e unha baixa térmica sobre a península ibérica, con entrada de aire frío en altura que aumentará significativamente a inestabilidade. Así, agardamos unha xornada de ceos máis nubrados canto máis ao norte, onde se poden rexistrar chuvias febles dende primeira hora. Pola tarde aumenta a probabilidade de chuvascos tormentosos localmente fortes, máis probables no interior. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente norte con intervalos moderados.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios