Novo día de subida dos casos activos ata os 740, 70 máis que onte

Novo día de subida dos casos activos ata os 740, 70 máis que onte
Novo día de subida dos casos activos ata os 740, 70 máis que onte

Un total de 11.454 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 740, deles 406 son da área da Coruña (+35), 80 da de Lugo (+5), 49 da de Ourense (+3), 45 da de Pontevedra (+1), 108 da área de Vigo (+23), 41 da de Santiago (+1), e 11 da de Ferrol (+2).

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 707 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.454 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 266.893.

Comentarios