O Lousame Concilia chega ao ecuador da quenda de agosto con manualidades, chapas, cine, cociña e xogos de auga

O Lousame Concilia chega ao ecuador da quenda de agosto con manualidades, chapas, cine, cociña e xogos de auga
O Lousame Concilia chega ao ecuador da quenda de agosto con manualidades, chapas, cine, cociña e xogos de auga

O programa de conciliación familiar “Lousame Concilia” chega ao ecuador da primeira quenda do mes de agosto cunha axenda chea de actividades. As manualidades centraron parte das propostas de lecer preparadas para a vintena de nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que participan nesta iniciativa promovida polo Concello.

Así, as crianzas deron renda solta á súa creatividade a través dos obradoiros de colgantes e de chapas. Unhas actividades que se complementaron con sesións de cine e lambonadas e tamén a celebración do aniversario dun dos pequenos participantes.

Especialmente divertida resultou a xornada na que se ofreceron xogos de auga. Unha proposta do máis axeitada para combater a calor destes días.

Finalmente, o patio cuberto do CPI Cernadas de Castro converteuse nunha cociña apta para practicar repostaría. Neste caso, as crianzas aprenderon a cociñar unhas deliciosas madalenas con corazón de chocolate.

“Lousame Concilia Verán” está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo. 

Comentarios
Lo más