O Punto Limpo recibiu en xullo 100 visitas máis que o mesmo mes do ano pasado

O Punto Limpo recibiu en xullo 100 visitas máis que o mesmo mes do ano pasado
O Punto Limpo recibiu en xullo 100 visitas máis que o mesmo mes do ano pasado

Durante o mes de xullo do 2020, a veciñanza de Ames entregou no Punto Limpo máis de 4.000 quilos de equipos eléctricos e de limpeza, tres metro cúbicos dos chamados “envases contaminados” e que responden primordialmente a  botes de pintura seca, vernices e latas de cambio de aceite de vehículos coche, 78 fluorescentes, 18 neumáticos, 4 baterías de chumbo, 20 metros cúbicos de escombros, 30 metros de plástico, 30 metros cúbicos de metais, 150 litros de aceites vexetais, 94 litros de aceite de cambio de motor, 136 quilos de pinturas, 20 quilos de pilas, 5 metros cúbicos de roupa, 9 metros cúbicos de papel, 12 aerosoles, 90 metros de voluminosos e 90 metros cúbicos de madeira.


Este servizo municipal, inaugurado en xaneiro de 2007, está xestionado pola empresa Urbaser.O número de veciños e veciñas que fan uso do Punto Limpo para depositar alí os seus residuos segue incrementando cos anos, signo de que cada vez somos máis conscientes da importancia que ten facer un uso correcto dos residuos que non van aos colectores convencionais. Cabe tamén a análise de que nestes meses de confinamento moitos veciños e veciñas aproveitasen os días na casa para facer limpeza e librarse de refugallos e obxectos en desuso.

Horarios e teléfono de contacto
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí poden achegarse todos os veciños e veciñas de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel.

O centro está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88. Para a recollida de voluminosos e aveños a domicilio, a cidadanía que chamar ao número de teléfono 981 19 12 40.

Comentarios