A chuvia da tregua pero non suben as temperaturas

A chuvia da tregua pero non suben as temperaturas
A chuvia da tregua pero non suben as temperaturas

As temperaturass en Santiago oscilarán entre os 15 e os 23 graos

Galicia atoparase nesta xornada nunha situación intermedia entre as altas presións de Azores e un centro de baixas ao sur de Inglaterra. Isto fará que teñamos unha xornada de ceo anubrado pola mañá con posibilidade dalgún orballo a primeira hora, e apertura de grandes claros pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte.

En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo predominarán moi anubrados. Haberá precipitacións o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.



Comentarios
Lo más