Novo día de subida dos casos activos ata os 938, 111 máis que onte

Novo día de subida dos casos activos ata os 938, 111 máis que onte
Novo día de subida dos casos activos ata os 938, 111 máis que onte

Un total de 11.506 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 938, deles 544 son da área da Coruña (+81), 93 da de Lugo (+9), 60 da de Ourense (+6), 51 da de Pontevedra (+6), 118 da área de Vigo (+2), 43 da de Santiago (-2), e 29 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 1 están en UCI, 40 en unidades de hospitalización e 897 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.506 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos que estaba ingresado no CHUO e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 272.115.

Comentarios
Lo más