Novo día de subida dos casos activos ata os 1.053, 115 máis que onte

Novo día de subida dos casos activos ata os 1.053, 115 máis que onte
Novo día de subida dos casos activos ata os 1.053, 115 máis que onte

Un total de 11.527 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.053, deles 618 son da área da Coruña (+74), 99 da de Lugo (+6), 73 da de Ourense (+13), 52 da de Pontevedra (+1), 134 da área de Vigo (+16), 42 da de Santiago (-1), e 35 da de Ferrol (+6).

Do total de pacientes positivos, 42 en unidades de hospitalización e 1.011 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.527 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 274.812.

Comentarios
Lo más