Rematan as obras de saneamento en Castrigo

Rematan as obras de saneamento en Castrigo
Rematan as obras de saneamento en Castrigo

A nova rede de saneamento do núcleo de Castrigo, na parroquia de Ortoño, entrou en funcionamento o pasado mes de xullo, após de que rematasen as obras que executou a empresa José Varela Iglesias S.L. 

Os veciños e veciñas da aldea amesá de Castrigo, na parroquia de Ortoño, contan xa coa rede de saneamento que levaban demandando desde hai varios anos. Este proxecto tivo un atraso na súa execución debido a necesidade de dispor dos permisos que lle foron solicitados a Augas de Galicia e a demora en obtelos. Houbo que facer varias modificacións no proxecto inicial para poder dispor desas autorizacións necesarias. Finalmente, unha vez o Concello de Ames dispuxo destes permisos iniciouse a tramitación para sacar a concurso o devandito proxecto. A obra foi licitada por valor de 287.698,90 €, I.V.E. incluído, e adxudicada á empresa José Varela Iglesias S.L.

Características técnicas do proxecto

A rede de saneamento executada no lugar de Castrigo, ten unha lonxitude de 2.474 metros cun total de 86 pozos de rexistro. Todos os colectores están proxectados en PVC 315mm SN-4 e instaláronse cos seus pozos de rexistro correspondentes, previa escavación da zanxa. Na obra incluíuse tamén a reposición do firme danado coa execución das zanxas.

“Esta é unha obra moi demandada é necesaria que non só da servizo a Castrigo, senón tamén a unha zona do Casaliño que tamén carecía de saneamento polas súas dificultade", manifesta o concelleiro de Obras e Servizos, Blas García, quen tamén suliña que esta obra, como todas as que se fan para dotar de saneamento os núcleos rurais de Ames responden a intención do goberno de conseguir que todos os lugares de ames conten con este servizo: "Seguimos apostando e investindo nun servizo tan importante e necesario como o saneamento, e ao longo deste mandato temos previsto deixar algunha das parroquias do concello saneada integramente".

Comentarios
Lo más