Novo día de subida dos casos activos ata os 1.158, 105 máis que onte

Novo día de subida dos casos activos ata os 1.158, 105 máis que onte
Novo día de subida dos casos activos ata os 1.158, 105 máis que onte

Un total de 11.559 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.158, deles 700 son da área da Coruña (+82), 104 da de Lugo (+5), 78 da de Ourense (+5), 59 da de Pontevedra (+7), 129 da área de Vigo (-5), 46 da de Santiago (+4), e 42 da de Ferrol (+7).

Do total de pacientes positivos, 44 en unidades de hospitalización e 1.114 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.559 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 277.462.

Comentarios