Día de nubes e claros en Compostela

Día de nubes e claros en Compostela
Día de nubes e claros en Compostela

As temperaturas en Santaigo oscilarán entre os 17 e os 26 graos

O sábado Galicia estará nunha situación de circulación de ventos do nordés. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente anubrados na metade norte, con alguhas precipitacións febles no norte de Lugo e ceos despexados no sur de Pontevedra e provincia de Ourense. As temperaturas descenderán, máis notable no litoral norte. O vento soprará forte do nordés.

En Compostela agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado.

Comentarios
Lo más