Denuncian que o CHUS está cambiando citas sen avisar ao paciente

Denuncian que o CHUS está cambiando citas sen avisar ao paciente
Denuncian que o CHUS está cambiando citas sen avisar ao paciente

Desde o mes de maio, cando se aproba o plan de reactivación asistencial hospitalaria por parte do SERGAS, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, a través de denuncias de persoas afectadas, ten coñecemento de problemas de coordinación entre especialidades e servizos asistencias e deficiencias na xestión das listas de espera


Dende a asociación presentan varias testemuñas que así reflicten esta situación. O pasado día 2 de setembro, L.P.B. e o seu fillo de seis anos, diagnosticado de autismo e neurofibromatose, padeceron persoalmente as consecuencias destas deficiencias, que foron postas en coñecemento da xerencia do CHUS e da valedora do pobo. Este é o seu testemuño: “O día 2 de setembro tiña cita co meu fillo de seis anos, autista e que sofre enfermidade rara (neurofibromatose), ás 11:30 horas no servizo de Neuropediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Vouno buscar a Viveiro (Lugo), onde está cos seus avós pola COVID19, chego ao hospital, entrego o papel de citas e dinme que ese día non hai cita ningunha para o paciente, que é para o día 4. Indícanme que me tivo que chegar unha carta, pero o certo é que non chegou nin carta nin mensaxe SMS. A neuróloga non está no servizo e non me dan ningunha solución. Pensando o que facer, vou a atención ao doente e expóñolles o meu caso. Solicítolles se me poden cambiar a cita para o 16 de setembro, data en que xa teño outra, ao que me contestan que é moi pouco tempo, porque xa a teño para o día 4, así que volvo sen saber se me cambian a cita ou se finalmente teño que ir o día 4. Todo iso cun neno autista ao que os cambios de rutina lle producen episodios de grande estrés e que tivo que realizar unha viaxe de 200 quilómetros para asistir á consulta programada.” 

O episodio anterior non é un caso illado e ten a súa orixe no grave aumento da carencia de medios, xa enormemente limitados, producido polo destino de parte dos recursos humanos e materiais dispoñibles a atender os casos de persoas infectadas pola COVID-19, circunstancia que está agrandando o desfase existente antes da alarma sanitaria entre as necesidades de atención da poboación e a capacidade do sistema para cubrilas, comenta a Asociación no seu comunicado. 



Comentarios
Lo más