Continúan as boas temperaturas en Santiago

Continúan as boas temperaturas en Santiago
Continúan as boas temperaturas en Santiago

A temperatura en Santiago oscilará entre os 16 e os 29 graos

O xoves Galicia continuará na influencia das altas presións. Polo tanto, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, con nubes de tipo alto. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo do nordés,máis intenso entre Ribadeo e Fisterra.

En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán altas para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.

Comentarios