Baixan as temperaturas e asoma a chuvia

Baixan as temperaturas e asoma a chuvia
Baixan as temperaturas e asoma a chuvia

As temperaturas en Santiago oscilan entre os 16 e os 25 graos

O luns un centro de baixas presións situado ao noroeste de Galicia deixará unha xornada de inestabilidade atmosférica. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente anubrados con precipitacións que comezarán pola franxa atlántica, sendo localmente treboentas no interior pola tarde. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente,e as máximas sufrirán un notable descenso. O vento soprará frouxo de compoñente sur.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o luns e o martes pola mañá. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas en descenso notable


Comentarios
Lo más