Os casos activos baixan en 17 ata os 4.264, 30 menos na área de Santiago

Os casos activos baixan en 17 ata os 4.264, 30 menos na área de Santiago
Os casos activos baixan en 17 ata os 4.264, 30 menos na área de Santiago

Un total de 15.440 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264 deles 1.297 son da área da Coruña (-7), 795 da de Lugo (-19), 482 da de Ourense (+9), 503 da de Pontevedra (+33), 361 da área de Vigo (-5), 640 da de Santiago (-30), e 186 da de Ferrol (+2).

Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 221 en unidades de hospitalización e 4.015 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.440 persoas curadas, rexistrándose 689 falecementos. As tres últimas persoas falecidas en centros hospitalarios son dous homes de 88 e 79 anos, que estaban ingresados no Hospital de Verin e no CHUAC, respectivamente; e unha muller de 75 anos que estaba ingresada no CHUO. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 398.112.

Comentarios
Lo más