Solicitan o apoio maioritario ao Real Padroado

Solicitan o apoio maioritario ao Real Padroado
Solicitan o apoio maioritario ao Real Padroado

Os Populares entenden que a presidencia honorífica do Rei de España contribúe a que o Estado e a Xunta tomen plena conciencia sobre a singularidade histórica da cidade

O Grupo Municipal Popular solicitará do Pleno municipal deste mes unha declaración de apoio ao Real Padroado, que agarda sexo maioritario.

O Real Padroado é un ente reformulado en 1991 e presidido de modo honorífico polo Rei de España, ente que a través do Consorcio como administración executiva ten contribuído ao desenvolvemento da cidade contemporánea.

A figura do Rei, como presidente honorífico, dálle continuidade a un apoio ao Padroado Real da monarquía sobre a cidade desde as súas orixes. De Alfonso II a Felipe VI, pasando por Felipe IV a cidade sempre se viu especialmente recoñecida ou impulsada pola institución monárquica. Aínda que desde 1992, ese especial apoio á cidade vén da man da confluencia  do Estado, da Xunta e do propio Concello, a presenza do Rei contribúe singularmente á necesaria toma de conciencia daquelas administracións públicas sobre a singularidade histórica desta urbe e propicia o compromiso daquelas con Santiago de Compostela.

Para os Populares, é incomprensible, inoportuno e ata desleal coa cidade que nun momento no que se agarda a convocatoria do Real Padroado, os grupos municipais de Compostela Aberta e o BNG teñan presentado para debater neste Pleno deste mes de setembro senllas mocións nas que atacan á Monarquía ou aos seus membros, inoportunidade política que vén a cuestionar ou a embazar a convocatoria deste ente e que require unha contestación maioritaria do Pleno municipal.

Comentarios
Lo más