Tempo cambiante en Compostela

Tempo cambiante en Compostela
Tempo cambiante en Compostela

As temperaturas en santiago oscilarán entre os 16 e os 22 graos

O martes continuaremos con certa inestabilidade atmosférica. Así agárdase unha xornada de ceos máis nubrados e con chuvias febles ao oeste, con algún chuvasco ocasional pola tarde no terzo norte. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos con intervalos moderados.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións  o martes pola mañá e o xoves. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado, a pesar de que oscilarán.

Comentarios