Os casos activos suben en 37 ata os 4.301, 33 máis na área de Santiago

Os casos activos suben en 37 ata os 4.301, 33 máis na área de Santiago
Os casos activos suben en 37 ata os 4.301, 33 máis na área de Santiago

Un total de 15.651 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.301 deles 1.246 son da área da Coruña (-51), 772 da de Lugo (-23), 503 da de Ourense (+21), 552 da de Pontevedra (+49), 373 da área de Vigo (+12), 673 da de Santiago (+33), e 182 da de Ferrol (-4).

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 220 en unidades de hospitalización e 4.051 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.651 persoas curadas, rexistrándose 694 falecementos. A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 86 anos, que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 401.119.

Comentarios
Lo más