Nubes e claros con posibilidade de chuvia pola noite

Nubes e claros con posibilidade de chuvia pola noite
Nubes e claros con posibilidade de chuvia pola noite

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 26 graos

Galicia continuará baixo a influencia dunha borrasca que se move polo Atlántico cara ó sur e que é fonte de inestabilidade atmosférica. Durante a mañá os ceos estarán máis anubrados canto máis ó oeste, con progresiva apertura de claros. Pola tarde os ceos presentarán nubes de tipo medio e alto. Xa pola noite aumenta a probabilidade de chuvascos treboentos. As temperaturas seguirán sen cambios. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións  o mércores pola noite e o xoves. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más