Os casos activos suben en 21 ata os 4.322, 14 menos na área de Santiago

Os casos activos suben en 21 ata os 4.322, 14 menos na área de Santiago
Os casos activos suben en 21 ata os 4.322, 14 menos na área de Santiago

Un total de 15.829 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.322 deles 1.237 son da área da Coruña (-9), 781 da de Lugo (+9), 500 da de Ourense (-3), 577 da de Pontevedra (+25), 387 da área de Vigo (+14), 659 da de Santiago (-14), e 181 da de Ferrol (-1).

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.082 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.829 persoas curadas, rexistrándose 696 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 405.798.

Comentarios
Lo más