Alumnos do Ramón Cabanillas denuncian que Manzaneda se quedou cos cartos da excursión de fin de curso

Alumnos do Ramón Cabanillas denuncian que Manzaneda se quedou cos cartos da excursión de fin de curso
Alumnos do Ramón Cabanillas denuncian que Manzaneda se quedou cos cartos da excursión de fin de curso

Alumnado do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela denuncia que a Estación de Montaña de Manzaneda, cuxo consello de Administración está controlado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e varios concellos da zona, se quedou co diñeiro que lle adiantaran para a excursión de fin de curso e que non puideron realizar debido á crise do coronavirus Covid-19.

En concreto, pais e nais de 6º de primaria deste centro escolar compostelán contrataron unha excursión á Estación de Montaña de Manzaneda para realizar entre o 18 e o 20 de maio. “En decembro do ano pasado fixemos a reserva e adiantamos un total de 1.311 euros á empresa que xestiona as instalacións, Oca Manzaneda, do grupo Oca Hotels, os cales nos confirmaron a reserva”, conta Silvia Bouzón, unha das nais que participou na organización da viaxe.

Sen embargo, a chegada da crise do coronavirus e a incerteza sobre a evolución da pandemia, levou no mes de abril aos pais e nais do CEIP Ramón Cabanillas a solicitar á Estación de Manzaneda a anulación da reserva e a devolución do viñeiro ás familias dos alumnos.

A sorpresa veu coa actitude da Estación de Manzaneda e de Oca Hotels pois malia os requerimentos continuados dos pais e nais a día de hoxe, cinco meses despois, aínda non lles devolveron o diñeiro.

“Déronnos largas tanto dende Oca Manzaneda, a empresa xestora da estación e pertencente ao grupo Oca Hotels, asegurándonos que a Estación de Montaña non ten recursos para facer fronte á devolución do diñeiro que lle adiantamos, como do director da Estación de Manzaneda, que tampouco nos deron solucións, excudándose en falta de tesourería, como da propia empresa Oca Hotels, matriz de Oca Manzaneda Estación de Montaña”, denuncia Silvia Bouzón, en representación dos pais e nais afectados.

Unha situación que poden ter sufrido outros centros escolares de Galicia

A este respecto, advirten de que Oca Hotels ten previsto abandonar a xestión da Estación nas próximas semanas, polo  que temen que “estean deixando pasar o tempo para non ter que asumir este tipo de reclamacións, pois é obvio que non somos o único colexio afectado”.

O “secuestro” do seu diñeiro levou aos pais e nais do CEIP Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela a presentar en agosto unha queixa formal no libro da Estación e unha reclamación no Instituto Galego de Consumo.

Comentarios