Piden a inclusión das obra da rúa Puenta La Reina no orzamento de 2021

Piden a inclusión das obra da rúa Puenta La Reina no orzamento de 2021
Piden a inclusión das obra da rúa Puenta La Reina no orzamento de 2021

Esta solicitude ten como obxectivos principais avanzar na mellora da zona e dar resposta ás lóxicas e xustas demandas da veciñanza da zona

O Grupo Municipal do Partido Popular presentará, no vindeiro Pleno ordinario deste mes de setembro, unha iniciativa para que o Goberno local valore a posibilidade de incluír, entre as prioridades dos orzamentos para 2021, as obras de mellora da rúa Puente La Reina, dentro da mellora do ámbito de Belvís. Esta solicitude que será presentada polo concelleiro Evaristo Ben, ten como obxectivos principais avanzar na mellora da zona e dar resposta ás lóxicas e xustas demandas da veciñanza da zona.

Desde hai anos, os sucesivos gobernos municipais veñen acometendo unha importante transformación no ámbito do barrio de Belvís e conforme a iso, nos últimos tempos executáronse dúas importantes actuacións: primeiro o da rúa Quiroga Palacios e, posteriormente, o da Batalla de Clavijo, rematada a finais do ano pasado.

O denominado “Proxecto de beirarrúas de Batalla de Clavijo e anexas”, que xa fora encargado a  finais do ano 2014, incluía a mellora da rúa Puente la Reina, aínda que en agosto de 2017 se  acordou dividir as obras deste proxecto en dúas fases: primeiro na rúa Batalla de Clavijo e segundo en Puente la Reina.

O proxecto definitivo e a conseguinte licitación fíxose inicialmente para a Fase 1 e as obras foron adxudicadas en novembro de 2018, executándose ao longo de preto de un ano.

Evaristo Ben explicou que daquela proposta inicial queda, pois, por afrontar o proxecto e licitar as obras da segunda fase, a de Puente La Reina, proxecto que debería incorporar as escalinatas de Cebreiro e Raíña Lupa.

Comentarios
Lo más