Os casos activos baixan en 16 ata os 4.306, 24 menos na área de Santiago

Os casos activos baixan en 16 ata os 4.306, 24 menos na área de Santiago
Os casos activos baixan en 16 ata os 4.306, 24 menos na área de Santiago

Un total de 16.064 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.306 deles 1.236 son da área da Coruña (-1), 772 da de Lugo (-9), 503 da de Ourense (+3), 584 da de Pontevedra (+7), 394 da área de Vigo (+7), 635 da de Santiago (-24), e 182 da de Ferrol (+1).

Do total de pacientes positivos, 28 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.077 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.064 persoas curadas, rexistrándose 701 falecementos. As tres últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron, unha muller de 56 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro, un home de 56 anos que estaba ingresado no CHOP, e unha muller de 77 anos que estaba ingresada no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 410.517.

Comentarios