Un vehículo arde cando circulaba pola rúa en Ribeira

Un vehículo arde cando circulaba pola rúa en Ribeira
Un vehículo arde cando circulaba pola rúa en Ribeira

Por causas que se descoñecen un vehículo comezou a arder cando ía circulando pola avenida do Malecón.

O suceso aconteceu en torno ás 11.30 horas. Inmediatamente acudiron ao lugar os vehículos de emerxencia (GAEM, Policía Local, Policía Nacional, Policía Portuaria e Bombeiros de Ribeira), amén de actuar nun primeiro momento cidadáns que chegaron a vaciar ata tres extintores sen que fose posible sofocar o lume.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais nin foi preciso que concorrese ningunha ambulancia do 061, aínda que o incendio si ocasionou danos materiais en dous vehículos aparcados nas inmediacións.

Foi preciso desviar o tráfico polo carril interior do porto e pola rúa Canarias en tanto se desenvolveron os labores de control da situación e posterior limpeza.

Comentarios
Lo más