Con nubes, pero sen chuvia

Con nubes, pero sen chuvia
Con nubes, pero sen chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 22 graos

Galicia estará durante este día baixo a influencia dunha borrasca centrada ó oeste da Comunidade. Con esta situación, agárdanse intervalos anubrados con chuvascos ocasionais, máis probables pola tarde e canto máis ó norte e ó leste de Galicia. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións do martes pola tarde ó mércores pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso lixeiro.



Comentarios
Lo más