Denuncian incompatibilidade de horarios entre comedor e escola deportiva en Ames

Denuncian incompatibilidade de horarios entre comedor e escola deportiva en Ames
Denuncian incompatibilidade de horarios entre comedor e escola deportiva en Ames

Do 21 ao 27 de setembro os veciños e veciñas de Ames poderanse preinscribir na nova programación das Escolas deportivas e culturais do Concello de Ames

Ames abre esta semana o periodo de inscrición nas Escolas deportivas e culturais do Concello.  . As clases comezarán o luns 19 de outubro de 2020 e rematarán o o 31 de maio de 2021, no caso das Escolas culturais, e o 30 de xuño de 2021 no caso das Escolas deportivas. 

Nas Escolas deportivas este ano poderase anotar a ballet, judo, natación, ximnasia rítmica, fútbol e fútbol sala ou squash. Tamén se formarán grupos de voleibol, tenis e xadrez. Os máis pequenos, nados entre 2015 e 2017, poderán acudir ás clases de predeporte. Os maiores de 14 anos terán a posibilidade de anotarse en aerozumba, pilates, ioga, aerocombat ou spinning entre outras. As tarifas para as actividades deportivas son de 32 euros para os menores de 18 anos e de 48 para os maiores.  A inscrición, que se poderá facer do 21 ao 27 de setembro, realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos

Ante este período de preinscrición e lendo as normas e horarios que se especifícan la normativa, son moitos os pais que os concideran discriminatorios. 




Por exemplo, os pais do CEIP Agro do Muíño que teñan que recoller aos seus fillo no segundo turno de comerdor, entre as 16:45 e as 16:55 no poderias anotarse en actividades como baloncesto ou fútbol sala que empezan ás 16 horas.


WhatsApp Image 2020 09 21 at 13.04.34



Comentarios