Os casos activos baixan en 46 ata os 4.304, 12 menos na área de Santiago

Os casos activos baixan en 46 ata os 4.304, 12 menos na área de Santiago
Os casos activos baixan en 46 ata os 4.304, 12 menos na área de Santiago

Un total de 16.995 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.304 deles 1.148 son da área da Coruña (-30), 689 da de Lugo (-36), 541 da de Ourense (+14), 667 da de Pontevedra (+9), 457 da área de Vigo (+17), 625 da de Santiago (-12), e 177 da de Ferrol (-7).

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.995 persoas curadas, rexistrándose 718 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi  unha muller de 87 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 431.081.

Comentarios