Un monolito e un carballo no parque de Galeras recordan a riqueza literaria da obra de Vitor Vaqueiro

Un monolito e un carballo no parque de Galeras recordan a riqueza literaria da obra de Vitor Vaqueiro
Un monolito e un carballo no parque de Galeras recordan a riqueza literaria da obra de Vitor Vaqueiro

concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, animou os lectores e lectoras á achegarse á obra de Vítor Vaqueiro, o escritor e poeta homenaxeado coa letra E pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

A primeira parte desta XXVI edición da homenaxe "O escritor na súa terra-Letra E", celebrado no Parque de Galeras, foi a inauguracion dun monolito co texto "e o ecoar dos sons multiplicava-se na fronteira do céu e invadia as beiras do Sarela e as corredoiras tortas de Corregins e as abas do Pedroso ali onde tremiam a carqueija e o espinho, en pé os escarvos da terra, abanadas por unma morna aragem"; un fragmento da obra "1968", de Vítor Vaqueiro.

A continuación interviron Anna Figueirido, vicepresidenta da AELG; o presidente da entidade, Cesáreo Sánchez Iglesias; e Xabier Paz, que realizou unha laudatio do autor; quenes destacaron o profundo rexeitamente ao franquismo e a calquera forma de ditadura, presente en gran parte da obra de Vaqueiro; e a riqueza da súa creación literaria.

Vítor Vaqueiro agradeceu as súas palabras e explicou, no seu discurso, que escolleu Santiago porque "esta cidade" amosoulle a presenza "dun país infinito cuxo coñecemento comezou aquí, na rúa de Pitelos, en Rapa da Folla, na Carreira do Conde…" Asegurou, tamén que xa lle deu ao país "algúns versos, uns poucos relatos, unhas fotografías", e se cadra "unha certa reflexión sobre a historia da súa fotografía; por iso vexo, desde a máis profunda sinceridade, que é o país quen debe recibir esta homenaxe e non eu". Pechou a quenda de intervencións, a concelleira Mercedes Rosón, xusto despois de entregarlle o galardón coa letra "E", unha peza escultórica de Soledad Penalta.

A continuación plantouse un carballo, á arbore escollida polo homenaxeado, xusto a carón do monolito. Ao acto tamén acudiron distintos membros da corporación municipal: José Antonio Constenla, do Grupo Popular; Marta Lois e Branca Novoneyra, de Compostela Aberta; e Goretti Sanmartín, do BNG. 
Comentarios
Lo más