Juan José Nieto, elixido coordinador da Rede de Institutos Universitarios de Matemáticas

Juan José Nieto, elixido coordinador da Rede de Institutos Universitarios de Matemáticas
Juan José Nieto, elixido coordinador da Rede de Institutos Universitarios de Matemáticas

O catedrático da USC manifestou a súa dispoñibilidade para “impulsar todas aquelas actividades que sexan consideradas de interese para o ben común dos departamentos, o Instituto e a Facultade de Matemáticas”

O catedrático da USC Juan José Nieto acaba de ser elixido coordinador da Rede de Institutos Universitarios de Matemáticas (RedIUM). O director do Instituto Universitario de Matemáticas da USC (IMAT) pasa a ser, polo tanto, representante da RedIUM no Consello Xeral do Comité Español de Matemáticas (CEMAT). Juan José Nieto manifestou a súa dispoñibilidade para “impulsar todas aquelas actividades que sexan consideradas de interese para o ben común dos departamentos, o Instituto e a Facultade de Matemáticas”.

O profesor Juan José Nieto Roig ten coordinado ou participado en máis de vinte proxectos de ámbito europeo, nacional e autonómico e é autor ou coautor de máis de 300 artigos de investigación publicados en revistas internacionais. Lidera o grupo de investigación ‘Ecuacións diferenciais non liñales’. O seu ámbito de traballo investigador, aínda que de carácter básico, potencialmente posúe utilidade práctica aplicado ao estudo de diversos temas da Física, a Bioloxía, a Epidemioloxía, a Medicina ou na Bioinformática, co desenvolvemento de algoritmos máis eficientes para a comparación de secuencias xenéticas. Asemade, figura na máis recente listaxe que elabora anualmente o grupo Web of Science para recoñecer os investigadores que demostraron un influxo significativo a través da publicación de múltiples artigos, altamente citados, na última década.

Comentarios
Lo más