Reunión do grupo de traballo local do proxecto europeo Tropa Verde

Reunión do grupo de traballo local do proxecto europeo Tropa Verde
Reunión do grupo de traballo local do proxecto europeo Tropa Verde

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, participou  na reunión do grupo de traballo local do proxecto Europeo Tropa Verde

Técnicos dos departamentos de centros socioculturais, medio ambiente e servizos básicos realizaron unha posta en común dos avances acadados ata o momento polo programa e profundaron en novas fórmulas de colaboración.

O proxecto "Tropa Verde", unha plataforma web creada pola empresa Teimas Desenvolvemento, ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía, premiando de xeito directo as boas accións medioambientais. Para iso son necesarios tres elementos: a cidadanía, os espazos onde depositar os residuos, nos que premiarán estas boas prácticas con cheques-agasallo; e os comercios e establecementos de hostalería que colaboran aportando premios e/ou descontos.

As persoas interesadas neste proxecto poden depositar os refugallos en distintos Centros Socioculturais da cidade. Segundo o volume e os residuos depositados (pilas, aceite, etc.) reciben uns vales que despois poden descontar nos establecementos asociados ao programa. A través do proxecto Tropa Verde, que desenvolve a concellaría de Medio Ambiente que dirixe a concelleira Mila Castro, e en colaboración co departamento de Centros Socioculturais, Santiago lidera unha das 25 redes de transferencia do programa europeo URBACT III 2014-2020: a de intercambio de aprendizaxe para o desenvolvemento urbano sustentable e integrado. 

Comentarios
Lo más