O Concello de Santiago e a Subdelegación do Goberno colaboran na distribución de 25.000 máscaras a centros educativos e colectivos vulnerables

A Subdelegación do Goberno da Coruña formalizou este martes a entrega ao Concello de Santiago de Compostela de 25.000 novas máscaras para a súa distribución a centros escolares e colectivos vulnerables, dentro da nova campaña de entrega de material acordado polo Goberno central coa Federación Española de Municipios e Provincias.

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, mantivo un encontro co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para formalizar esta entrega. Nesta ocasión, priorizarase a repartición a persoal dos centros educativos e a colectivos vulnerables, de acordo ás necesidades e criterios que estableza o propio concello.

Con esta entrega suman 70.000 as máscaras que o Goberno central dedicou en total ao Concello de Santiago. O alcalde agradeceu a colaboración na loita contra a pandemia, "na que temos estar implicadas todas as administracións". 
Comentarios
Lo más