Os casos activos suben en 110 ata os 4.460, 6 máis na área de Santiago

Os casos activos suben en 110 ata os 4.460, 6 máis na área de Santiago
Os casos activos suben en 110 ata os 4.460, 6 máis na área de Santiago

Un total de 17.308 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.460 deles 1.110 son da área da Coruña (-4), 679 da de Lugo (-8), 602 da de Ourense (+51), 736 da de Pontevedra (+34), 511 da área de Vigo (+22), 633 da de Santiago (+6), e 189 da de Ferrol (+9).

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 217 en unidades de hospitalización e 4.211 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.308 persoas curadas, rexistrándose 721 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 440.382.

Comentarios