Sanidade impón restriccións en todo O Milladoiro

Sanidade impón restriccións en todo O Milladoiro
Sanidade impón restriccións en todo O Milladoiro

A decisión tomouse esta mesma mañá na xuntanza do Comité clínico de expertos sanitarios

Á vista da situación epidemiolóxica da covid-19 en Galicia, adoptouse a decisión de incluír Vilagarcía de Arousa no grupo de concellos con restricións vixentes, xunto con todo O Milladoiro, no concello de Ames.

Entre as medidas que adoptan estes concellos destaca a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto,

Concellos que manteñen restricións

O Comité de expertos aconsella manter as medidas vixentes en varios concellos. Así, continúan sen cambios Santiago, Silleda, Lalín, Lugo, Ourense, Poio, Pontevedra, Vilaboa, Marín  e Verín nos que continúa a vixencia das limitacións establecidas por Sanidade. Así mesmo, o Comité de expertos sanitarios decidíu manter as limitacións que se mantiñan en determinados barrios da Coruña.

Todas estas medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor as 00:00 horas desta medianoite. Ademais, volverán revisarse en sete días.

Comentarios
Lo más