Turismo de Santiago e a Asociación de Guías celebran o día do Turismo con visitas guiadas á cidade

Turismo de Santiago e a Asociación de Guías celebran o día do Turismo con visitas guiadas á cidade
Turismo de Santiago e a Asociación de Guías celebran o día do Turismo con visitas guiadas á cidade

Turismo de Santiago e a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia celebran o día Mundial do Turismo, dedicado este ano ao "Turismo e Desenvolvemento Rural", coa organización de visitas guiadas á cidade durante esta fin de semana. Esta acción desenvólvese dentro do programa Santiago Prémiate que ambas entidades crearon co obxecto de ampliar a estadía media na cidade.

Calquera persoa pode participar nestas visitas, sexa turista ou residente en Santiago. Trátase así dunha oportunidade para que os composteláns podan descubrir novas anécdotas sobre a súa cidade. O único requisito é mandar un correo electrónico para reservar praza a santiagopremiate@santiagoturismo.com, concretando o número de persoas que asistirán, o nome e apelidos de cada unha delas e se quere participar sábado ou domingo.

O prazo para mandar o correo solicitando participar é o sábado ás 20.00 horas, para aquelas persoas que queran participar nas visitas guiadas do domingo. Dende a organización mandarase un correo de confirmación, indicando o lugar e hora no que comezará a visita guiada.

Haberá dúas visitas distintas: o Tour Peregrino e Compostela Compostela Contada. O Tour Peregrino é unha visita que xira arredor da figura dos peregrinos e o seu protagonismo na cidade dende o descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago ata hoxe en día. A visita guiada parte da Praza de Praterías e pasa por lugares emblemáticos como a Praza do Obradoiro, antigo cemiterio de peregrinos preto da capela de San Fructuoso, rúa de Hortas e San Martiño Pinario.

Compostela Contada consiste nun percorrido polas rúas e prazas principais do Casco Histórico de Santiago, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Na visita alúdese á Historia do Apóstolo Santiago, quen xustifica a orixe da peregrinación e o desenvolvemento de Santiago de Compostela. O percorrido comeza na Praza de Praterías e pasa polas principais prazas e rúas do Casco Histórico. 
Comentarios
Lo más