Touro reparte cen postes dispensadores de xel hidroalcohólico nos establecementos comerciais do Concello

Touro reparte cen postes dispensadores de xel hidroalcohólico nos establecementos comerciais do Concello
Touro reparte cen postes dispensadores de xel hidroalcohólico nos establecementos comerciais do Concello

O Concello de Touro distribuiu nos últimos días 100 postes dispensadores de xel hidroalcohólico polos establecementos comerciais e de hostalería do Concello.

 O Goberno local de Touro contribúe así cos pequenos e medianos empresarios de Touro a mater a raia a Covid19. Os postes dispensadores tamén están sendo instalados en outras ubicacións como, por exemplo, o Centro de Saúde. O Concello de Touro comunica aos negocios ou establecemos que ainda non o recibirán, que se dirixan á sede do Concello para tramitar a súa solicitude e entrega do dispensador. 

Arredor de 100 negocios do Concello de Touro que reciben clientes a diario xa contan cun dispensador, que foron repartidos nos últimos días. O material foi financiado polo Concello de Touro, que destaca o esforzo para axudar a garantir a seguridade dos comerciantes e hostaleiros do Concello e dos propios habitantes e máis dos visitantes. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, solicita de novo a colaboración dos veciños e veciñas de Touro para manter illado e lonxe das nosas vidas ao coronavirus. E lembra seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, que fan referencia ao lavado de mans, a usar a máscara e a manter a distancia de dous metros con outras persoas. “Entre todos derrotaremos o coronavirus”, apunta Ignacio Codesido. 

Comentarios